DePerfil | Lourdes de Naftalina: “O vintage está tan de moda que xa deixou de selo”

Lourdes

Nome: Lourdes García
Lugar de nacemento: San Sebastián
Lugar de residencia: Santiago de Compostela
Profesión: Profesora e rexente de Naftalina

blancoblanco

blanco Cantos anos leva Naftalina aberta? Abrímola en 2002. Eramos outra moza e máis eu pero como a tenda non dá tampouco para manter a dúas persoas quedei eu soa con ela. Que te motivou para abrir a tenda? Sempre me gustou esta idea. Desde que era estudante compraba bastante en tendas deste tipo en San Sebastián e logo unha moza que tiña dúas tendas destas ofreceume todo o material dunha delas e montei esta.  Cal foi a prenda da que máis che costou desprenderte? Igual dunha camisa que levas ti posta agora. Esa camisa é máxica, igual cha recompro (risas). Cales son as prendas que máis se venden? O que mellor se vende non é o máis vintage porque a xente ríxese polos conceptos de Zara, Bershka, H&M e Primark e buscan máis ou menos o que viron alí. Unha porcentaxe pequena si que busca roupa vintage. Razóns para comprar de segunda man. Moitas. Atopar algo de boa calidade a bo precio e exclusivo. Hai moita xente que vén aquí despois de ter percorrido outras tendas e non atopar o que buscaban. Está o vintage de moda? Demasiado. Tan de moda que xa deixou de selo. Hai moito conto, como na alta gastronomía. Un lugar en Compostela? Rúa dos Loureiros, a praza de San Martiño Pinario ou a praza de San Roque. Un garito en Compostela? A Bodeguilla de San Roque.

[Naftalina é unha tenda vintage de roupa de segunda man que está situada na rúa da Algalia de Arriba]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: