Almorzos en Compostela| Dulce Victoria
Continuamos coa nosa ruta por Compostela na busca dos mellores almorzos. Nesta ocasión, atopamos acougo nun acolledor lugar situado pretiño da catedral, na rúa das Carretas. Falamos do Dulce Victoria, un salón de té onde demos con moita variedade a moi bo prezo. Desta vez decantámonos polo Almorzo da Casa, composto por uns ovos revoltos … Seguir lendo
Almorzos en Compostela| Barrigola
Retomamos as nosas recomendacións matutinas cun xeitoso almorzo en Conxo. Desta vez o lugar escollido foi o Barrigola, un restaurante situado na Avenida de Ferrol, no que por arredor de tres euros, poderás gozar dun almorzo completo con café dobre ou infusión, torradas, croissant ou biscoito e zume de laranxa natural. Recomendamos que probedes as … Seguir lendo
Almorzos en Compostela| Polbeiras en Amio
Se o teu é almorzar potente para coller forzas para toda a xornada, o mércores é o teu día especial da semana. Unha visita á feira de Amio implica unha parada nalgunha das súas polbeiras. Vaias o cedo que vaias, alí xa haberá gandeiros, camioneiros, traballadores do polígono e algún xubilado madrugador pechando algún trato a golpe de cunca. Disque … Seguir lendo