QUEN?

Os alicerces de Acouga! somos dúas xornalistas de mal asento: C. Fraga e A. Lozano, lucenses de nacemento e compostelanas de adopción. En ocasións fannos achegas amigos e colaboradores como R. Vázquez, A. López ou M. Fernández.

Que é Acouga?

En Acouga! cremos que quen se aburre en Santiago é porque quere. Se estás cheo de deambular polos mesmos sitios e perderte toda a oferta cultural porque non sabes onde atopala, esta é a túa páxina.

Para un segundo a túa rutina, o teu estrés, e comeza a indagar na verdadeira cidade da cultura. Só tes que facer clic, e saír ás rúas compostelanas.

Que buscamos?

> dar voz á cultura local, real, da rúa: a cultura non patrocinada por grandes organismos oficiais. Aquela que realmente é reflexo da nosa xente.
> reunir toda a oferta cultural da cidade e ofrecercha día a día para que esteas actualizado ao minuto do que podes facer en Santiago.
> facer xornalismo móbil: o 90% dos nosos contidos chegan á páxina grazas a un smartphone.

Actúas?

Podes axudarnos a construir Acouga! enviándonos un mail con información para a axenda a acouga.contacto@gmail.com. Para que ninguén quede sen saber quen actúa na cidade.

Licencia Creative Commons
Todos os contidos deste blogue están baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-NonComercial 3.0 Unported. As imaxes están tomadas das páxinas de Facebook dos grupos e artistas, polo que están suxeitas ás condicións desta rede social.

A %d blogueros les gusta esto: