Un repaso do que ofrecerá a Romaría Pop

Para os máis despistados, facilitámosvos un resumo sobre as novidades que coñecimos durante estes días sobre a Romaría Pop.

Para comezar,  os horarios dos concertos. Coma na pasada edición, haberá dous escenarios: o principal e o pequemúsica. Este ano ademais Colectivo Oruga pechará a Romaría Pop 2013 cun concerto no Cachán Clube. Podes escoitar aos grupos neste enlace.
HORARIOS

En canto aos postos que estarán presentes na feira, ao longo destes días fomos sabendo novos nomes. Haberá roupa, comida, discos, libros e complementos a esgalla e para todos os gustos. 

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.09.14

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.21.21

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.20.55

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.20.44

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.20.34

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.20.00

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.19.40

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.16.24

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.15.41

Captura de pantalla 2013-06-12 a la(s) 11.28.27

Esta é só unha escolla cativa. Se queres coñecer a lista completa de postos que estarán instalados o sábado en Belvís diríxete á web da Romaría Pop.


Obradoiros infantís
Este ano tamén se celebrarán as actividades para os máis pequenos que tanto éxito tiveron na edición pasada. Para participar terás que recoller o teu ticket no posto de información que estará instalado no parque uns minutos antes do comezo de cada xogo. Ademais dos obradoiros de camisetas de rock e experimentación músical, este ano tamén se levarán a cabo obradoiros de origamis e de zapatillas Victoria.
Consulta as actividades ao detalle aquí.

O obradoiro de camisetas de rock do ano pasado tivo moita éxito

O obradoiro de camisetas de rock do ano pasado tivo moito éxito| Foto: Acouga

Deixar un comentario