Almorzos en Compostela | La Mecca
Xa que parece que a chuvia nos deu unha tregua por fin, hoxe propoñemos un novo almorzo fóra da casa. Nesta ocasión realizamos a parada en República Arxentina, no café La Mecca, que por só 2,70 euros ofrece un xeneroso banquete matutino.
Por ese prezo, poderás gozar dun café grande e un vasiño de zume de laranxa natural acompañado por un croissant, un donut, tostas artesás ou de pan de molde, o que prefiras.
Almorzo recomendado, abondoso e económico.