Almorzos en Compostela| Dulce Victoria

Continuamos coa nosa ruta por Compostela na busca dos mellores almorzos. Nesta ocasión, atopamos acougo nun acolledor lugar situado pretiño da catedral, na rúa das Carretas. Falamos do Dulce Victoria, un salón de té onde demos con moita variedade a moi bo prezo. Desta vez decantámonos polo Almorzo da Casa, composto por uns ovos revoltos … Seguir lendo

Almorzos en Compostela| Barrigola

Retomamos as nosas recomendacións matutinas cun xeitoso almorzo en Conxo. Desta vez o lugar escollido foi o Barrigola, un restaurante situado na Avenida de Ferrol, no que por arredor de tres euros, poderás gozar dun almorzo completo con café dobre ou infusión, torradas, croissant ou biscoito e zume de laranxa natural. Recomendamos que probedes as … Seguir lendo

Almorzos en Compostela| Pan e Chocolate

O almorzo de hoxe vai dedicado aos amantes do bo gusto pois, desta vez, o obxectivo da nosa parada matutina foi un novo local que non deixa impasible a ninguén. Falamos do Pan e Chocolate, un elegante recuncho en plena rúa das Galeras que ademais de contar cunha coidada decoración (papel pintado, sofás, lámpadas, prantas…) … Seguir lendo