Boa saúde para a música clásica en Compostela

O Via Stellae ofrecerá un ano máis a calidade e variedade a esgalla . Dúas semanas de clásica, jazz, barroco e lírica nos máis diversos rincóns de Compostela. O Teatro Principal, a Praza de Abastos, a Igrexa da Universidade ou o Paraninfo acollerán, como cada ano dende fai oito, a ampla programación do festival. Comezará o 5 de xullo e pecharase o día 19  e por el pasarán Il Suonar Parlante, Vespres d’Armandí, Nicolau de Figueiredo, Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, Sunhae Im, Natalia Ensemble, María Cristina Kiehr, Tak- Nara, Vittorio Ghielmi, Resonet, María José Montiel, Ara Malikian, Manuel Vilas, Luis Fernando Pérez, Odaiko e máis artistas por confirmar.

Co mes de agosto para coller aire regresamos das vacacións con tres concertos de altas espectativas. A XIV edición do Ciclo de Lied ofrecerá tres concertos de lírica no Teatro Principal homenaxeando a canción inglesa do XX interpretando pezas de Britten, Vaughan Williams ou Hughes- Jones entre outros moitos. Neste caso os deberes están feitos e a programación xa está pechada. O martes 17 de setembro abrirá o ciclo o barítono Roderick Williams, o venres desa mesma semana será a soprano Elisabeth Watts a que faga temblar as butacas do Principal e o martes 24 o concerto de clausura será responsabilidade do tenor John Mark Ainsley. Todos eles estarán acompañados polo pianista, poderiamos dicir ‘titular’ do ciclo, Roger Vignoles

Podes facerte coa túa entrada en entradas.novagaliciabanco.es no teléfono 902434443 ou na billeteira do Teatro Principal (18-21h., de martes a sábado + días de espectáculo).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: