«No Quantum Music Festival sempre soou moito rock e este ano non vai ser a excepción»

Os alumnos da Facultade de Física organizan unha nova edición do Quantum Music Festival (QMF), que se celebrará esta noite na Capitol. Nesta ocasión subiranse ao escenario Motörhertz, The Astroboys, Tutorías a las tres de la mañana, The Feynman Slit Experience, Metaldona e Planck Floyd. Os organizadores fánnos un pequeno adianto do que acontecerá esta noite.


-Para formar parte do cartel, un membro de cada banda ten que ser da facultade de Física. Despois de case 20 anos de festival, pódese dicir que hai unha boa canteira de músicos físicos…

Cando chegas á Facultade, unha das cousas que máis sorprende é a cantidade de xente que toca un instrumento. Estudar física ten moito que ver coa creatividade, e moitos dos físicos acaban adicándose a música. A existencia mesma do QMF responde a esa realidade.

-Como conseguides manter o espírito do Quantum despois de tantos anos?
O Quantum Music Festival está reinventándose continuamente. Ése é o segredo: a variedade! Cada ano introducimos unha novidade diferente, e o QMF de fai 5 anos non ten nada que ver co QMF que veremos esta noite. Un ano tocan os profesores, outro ano facémolo ao aire libre, outro ano facemos música cun detector de radiación…

-Xa atopastes presentador para o festival?
Presentadores, en plural :P. A verdade é que este ano costou atopar presentadores, pero xa o solucionamos. A xente é moi tímida, pero cando lle das carta branca, enseguida se suben ao escenario a facer o parvo!
-A que soan as bandas do cartel deste ano?
Tradicionalmente, no QMF soa moito rock, e este ano non vai ser a excepción. Así que… rock do bo! Veremos moitos grandes éxitos e moitas pezas propias.
-Cal será o prato forte da noite?
É dificil dicilo. A verdade é que vai ser unha noite intensa en tódolos aspectos: Sorteo de dúas Samsung Galaxy Tab (entre outras cousas), concurso de Air Guitar, actuacións entre banda e banda, chistes, lanzamento de camisetas… e con entrada gratuíta! eu non mo perdería!
_______
Carteldefinitivo_web

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: