Comeza a XV Mostra de Teatro Universitario
Un ano máis chega a Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que durante dez días levará as mellores representacións teatrais ao Salón Teatro e ao Principal. O programa compoñéno as seguintes obras:
Luns 21: Café Liberdade, de Fernando Dacosta
Compañía Maricastaña. Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Universidade de Vigo)
Martes 22: Farsa Plautina, de Agustín Magán
Compañía Troulaloura da USC
Mércores 23: Apnea (variación 2ª), de Roberto Salgueiro
Aula de Teatro da USC
O Envés, de Lorena Conde
Enlata Teatro da USC
Xoves 24: Tralo telón
Pinchacarneiro Teatro da USC
Venres 25: Natureza viva
Creación colectiva. Compañía GN da USC
Sábado 26: Desast-Rosas
Creación colectiva. ARTIas Teatro da USC
Domingo 27: A muller que comezou a contar ata dez e non parou, de Gustavo Dieste
Tik Tak Teatro da USC
Luns 28: Miosotis. Non me esquezas a partir de Comedia sen título, de García Lorca
Aula de Teatro da USC. Campus de Lugo.
Martes 29: A princesa prometida…ou de como Falúa reinventou un conto clásico a parir do texto de W. Goldman
Teatro da Falúa da USC
Mércores 30: Nocturnos, de Paco Zarzoso
Teatro Normal (Espazo de intervención cultural) da Universidade da Coruña
__________________________________
*Tódalas representacións comezarán ás 21.00 horas no Salón Teatro, excepto O Envés, que será no Principal ás 19.30 horas. Miosotis. Non me esquezas tamén fará outro pase ás 19.00 horas.
A entrada é de balde, pero é preciso recoller a invitación no Teatro Principal a partir das 18.00 horas ou no Salón Teatro dende as 19.30.