Kartoffel: Hot dogs á galega

De seguro que os máis fanáticos dos canciños quentes xa coñecedes o Kartoffel, a salchichería situada na Rúa da Conga que abriu as súas portas o mes pasado. Neste acolledor local propoñen unha mestura entre a tradición alemá e o produto galego, cun resultado que dista moito do clásico ‘hot dog’ de ‘burger’ ao que estamos habituados.

Na súa carta poderedes atopar ata sete clases de salchichas (de tenreira, porco, polo e pavo e mesmo tamén de carne de caza), para degustar en pan de viena ou acompañado con patacas fritidas, guarnición e unha ampla oferta de salsas caseiras, todo a partir de 3,5 euros.

                          1Kartoffel3Kartoffel

Desta volta, nós probamos a salchicha gourmet, con cinta de lomo, espinacas e queixo curado (moi recomendable) e a hamburguesa de boi. E é que no Kartoffel tamén preparan saborosas hamburguesas de carne galega de tenreira e boi para tomar con patacas fritidas e salsas, que poderás degustar por uns 7 euros. E para que a comida baixe ben, que mellor que unha rica cervexa de importación? No Kartoffel contan cunha ampla selección onde escoller.
4Kartoffel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: