Almorzos en Compostela| Dulce Victoria

Continuamos coa nosa ruta por Compostela na busca dos mellores almorzos. Nesta ocasión, atopamos acougo nun acolledor lugar situado pretiño da catedral, na rúa das Carretas. Falamos do Dulce Victoria, un salón de té onde demos con moita variedade a moi bo prezo.

Desta vez decantámonos polo Almorzo da Casa, composto por uns ovos revoltos con bacon e dúas tortiñas, e un gofre con chocolate e tona, acompañados por cadanseus cafés con leite (hai de moitos tipos: enteira, desnatada, de soia, de améndoas…). Una escolla moi acertada, ao noso gusto, e apta para padais de tódolos tipos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademais, cada café vén coa súa correspondente madaleniña. E é que o Dulce Victoria é especialista en larpeiradas varias. Na súa carta podes atopar dende cupcakes con sabor a chicle, oreo ou cenoria (por menos dun euro e medio) ata tartas de cabaza, chocolate ou queixo, todas elaboradas cunha receita especial e a un custe que varía entre 1,5 e 2,5 euros.

Pero non todo son almorzos e lambetadas en Dulce Victoria xa que tamén podes degustar as súas hamburguesas e bocadillos, acompañados dunha boa cervexa, un viño ou un refresco.

Así que xa sexa para almorzar, comer ou cear, non tedes excusa para facerlle unha visitiña a este xeitoso recanto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: