Festa na Praza Roxa: Terbutalina, Novedades Carminha e Curtinaitis

Non sabemos se leva moito tempo aí ou se é novidade, pero polo visto o estudante compostelán ten unha semana dedicada, e este xoves é o seu día grande. Tres grandes da escena musical galega [Terbutalina, Novedades Carminha e Curtinaitis] subiranse ao escenario a partir das 20.00 horas para facer gozar aos que decidan achegarse ata a Praza Roxa. Festa asegurada e de balde.

Falamos con eles:

TERBUTALINAnovedadessFoto: Marcos Moas

 

TERBUTALINA

NOVEDADES CARMINHA

CURTINAITIS

Describídevos en 140 caracteres

Minten cando cantan

Novedades Carminha é unha banda que toca rock and roll para que os chavales e as chavalas se rocen e bailen, como Russian Red en bruto

Somos tres vaqueiros lituanos que reintepretamos o rock’n’roll con aires funk-soul, flashes psicodélicos e unha descarada actitude hardcore. Farémosvos suar, yeah!

Se o grupo fose unha comida sería…

Un bocadillo de pasteis

Papaya

Marraxo á grella e, de sobremesa, galletas de xenxibre

Filme que protagonizariades

Dos menos tres: diversión negativa

Kids de Larry Clark

Por falar dunha peli “recente”, RocknRolla, de Guy Ritchie, máis pola actitude que desprenden os seus personaxes (entre macarra, salvaxe, elegante e sofisticada) que pola película en si mesma

Vázquez Taín é a Santiago o que vós a…

Serbia, pero só a zona chunga

nada. Dedicámonos ao rock and roll para ter lonxe a política a xustiza e a poesía. Non nos aburras…

ao noso ámbito máis próximo. Polo momento só conseguimos controversia (ou sexa, que nos poñan a parir) entre amigos e coñecidos; pero o noso obxectivo é chegar moito máis alá, e que a Comisión Disciplinaria do equivalente rockeiro ao Consello Xeral do Poder Xudicial nos chame a capítulo. Vázquez Taín é unha estrela do rock

Quen sería o protagonista ideal dun videoclip voso?

Nena Daconte posta de MDMA cun strap-on

Miley Cyrus vestida

Lee Marvin, por suposto, pero xa que leva anos morto, tentariamos convencer ao noso admirado Carlos Villa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: