DEPERFIL | Cris, de Catrineta: “Cremos que unha tenda non ten porque ser unicamente un espazo de compra”

cris

Nome: Cris

Lugar de nacemento e residencia: Santiago

Profesión: Co-fundadora de Catrineta

blanco

blanco

Catrineta é unha tenda especializada en conservas que se atopa na Ruela Altamira 2

_______________________________________________________________________

Quen está detrás de Catrineta? Estamos Roberto e eu que fomos os que tivemos a idea e sacamos adiante o proxecto. Despois tivemos a sorte de contar con dúas persoas amigas, Paulina e Oscar, que nos axudaron co tema do deseño, comunity manager e web.

E que hai detrás? Catrineta é unha tenda que quere volver ao tradicional e poñer en valor a conserva galega facendo reflexionar sobre o comercio local e que pretende dinamizar a zona desa forma. Cremos que unha tenda non ten porque ser unicamente un espazo de compra, senón tamén recuperar o que eran as tendas de antes onde a xente se xuntaba a falar e a transmitir cultura. De feito este luns teremos un concerto de Hugo Morales e B’Knob.

Por que Catrineta? Catrineta vén dun poema portugués do século XVI que narra a historia dunha nave que queda á deriva no mar. Foi versionado por Fausto, un cantautor portugués. Pareceunos que quedaría ben para a marca e ademais ten esa parte afectiva para nós de que nos encanta a canción, o poema e o que o envolve.

Saídes ao mercado cunha presenza de marca forte. Onde poñedes as vosas expectativas de futuro? A verdade é que nos están sorprendendo algunhas propostas. Por exemplo, non tiñamos planeado traballar na venda online ata o 2014. O que ocorre é que desde que abrimos a tenda moita xente nos di que quere comprar o noso producto pero que non se pode achegar a Santiago sempre que o queira comprar. Entón puxémonos a traballar con ela desde o día un. A idea é darlle máis saída e que teña máis presenza noutros lugares, pero en principio que Catrineta se instale en Compostela.

E xa para abrir boca… Que conserva non podemos deixar de probar? A min o que máis me gusta é a navalla e a zamburiña. A navalla gústame moito fresca, pero en conserva foi todo un descubrimento e está exquisita.

Con que acompañarías esas navallas para que fixeran unha boa cea? Pois a verdade é que a navalla acompáñase cun bo viño blanco e se queres, un chorriño de limón. Non necesita nada máis, como unhas gotiñas de Chanel (risas).

______________________________________________________________________________________

concertosHoxe a partir das 12h Degustación Cooperativa: Catrineta & Vide, Vide! e o luns, concerto de Hugo Morales e B’Knob

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: