De Perfil| Fran, da Reixa: «O cartel deste ano vai ser difícil de superar: Barbara Lynn, The Chiffons, Osaka Monaurail e parte das mellores bandas galegas»

FRANPOLAROIDNome: Fran

Lugar de nacemento: Vista Alegre

Lugar de residencia: Restollal 

Profesión: Rexente da Reixa Tenda "lugar onde se poñen
elegantes os amantes da música".

blanco

Fran é unha das persoas que está detrás do Outono Codax Festival, que este sábado e  os próximos 19 e 26 de outubro traerá a Santiago a lendas do soul, do r&b e do rock&roll de todo o mundo.

________________

Por que decidistes organizar un festival en tres días diferentes? O perfil do noso público é xente que traballa ou que vén de fóra de Santiago ou fóra de Galicia, polo que sendo en tres días e en sábado, resúltalles máis fácil acercarse ao Outono Codax Festival. Oxalá tiveramos máis público novo e nos víramos no dilema de xuntar os días ou facer algún concerto pola semana.

Que grupo recomendarías do cartel deste ano? Barbara Lynn pola súa discografía e importancia que tivo na música soul. Ela compoñía a maioría das súas cancións. Tal é a súa importancia que foi versioneada por Aretha Franklin, Rolling Stones e unha longa lista dos artistas máis importantes da música. Creo que o cartel deste ano vai ser moi difícil de superar. Por primeira vez en España Barbara Lynn e The Chiffons, un grupo de Xapón coma os Osaka Monaurail e parte das mellores bandas do momento en Galicia. Que máis se pode pedir…

Cres que a escena musical actual ten a calidade da de fai 50 anos? A música nos 50 era auténtica e non había sitio para trucos. Se soaban metais era que había uns músicos tocando unha trompeta, un saxo… A última decepción que tiven foi con Raphael, un artista que económicamente non terá necesidades, vén tocar a un sitio tan emblemático coma a Praza da Quintana e leva unha banda que parercía unha pachanga coa metade da música enlatada. Soaban coros e trompetas pero non había nin coristas nin músicos. Unha desilusión.

A exposición Rock Around de Design, unha das actividades paralelas aos concertos, desenvólvese en varios comercios da cidade. Están os museos obsoletos? Xa de inicio Marta López, a comisaria da expo, propuxo facer un roteiro por tendas emblemáticas de Santiago. Nalgunhas que propuxemos por pouco nos sacan a paos e os que están, forón encantadores. Triste ver a actitude de moita xente de Santiago, persoas grises nunha das cidades máis vivas de España.

Se puideras traer a Santiago a calquera músico ou banda, quen conformaría o teu cartel ideal? Por orde dos meus favoritos The Ramones, Otis Redding, The Clash, Bob Marley, Sam Cooke, The Kinks, Small Faces, The Jam, Sharon Jones, Aretha Franklin…. e seguiría.

Cales son os tres grupos que volverías a traer a Santiago sen pensalo? A Maxine Brown, The Remains e La La Brooks.

______________________________________________

Coñece o cartel do festival:

outonorock

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: