DePerfil | J.R., de Curtinaitis: “Santiago é un lugar odioso, está podre. Pero ámoo”

JR
Nome: J.R.

Lugar de nacemento: Fronte ao almacén da Fenosa

Lugar de residencia: Santiago

Profesión: Electricista

blancoblanco

J.R. é o vocalista e baixista da banda santiaguesa Curtinaitis, que vén de lanzar o seu disco homónimo.


Como foi a túa incorporación a Curtinaitis? Cando crearon o grupo eu era a segunda ou a terceira opción. Probaron con varias persoas e fallou xente con bastante máis éxito ca min na vida musical compostelana. Daquela estaba moi ocupado formando aos Mato Grosso pero decidín probar, e a verdade a cousa encaixou moi ben. En realidade querían facer un trío con dúas guitarras e batería, pero eu levei o meu baixo Fender e dixen “vou tocar o baixo, pero vouno tocar dun xeito que non vai ser un baixo” e aí empezou a idea. Empezamos a tocar por riba de riffs de guitarra, simplemente improvisando, e de aí xurdiu unha certa química que logo tardou moito tempo en plasmarse en cancións, pero nos primeiros ensaios vislumbrábase que algunhas cancións ían por bo camiño.

A que soa CurtinaitisPara Curtinaitis é importante esa mestura entre a música negra e a música branca, sobre todo a música dos white trash, os pailáns brancos. Nós somos puramente white trash de Santiago e aledaños. Hai un estilo dos anos 70 que nos encanta que é a mestura de funk e de country: o countryfunk, que aúna un pouco todo o que nos gusta. Se consegues presentar iso cunha contundencia propia de Henry Rollins, aí tes a Curtinaitis. O que queremos é mesturar toda esa cultura do country western e logo darlle como un aire hardcore e tamén, porque non dicilo, un toque psicodélico, aínda que non somos de drogas psicodélicas, somos doutro tipo de cuestións, coma o coñac por exemplo. 

Aínda así cada un de vós tedes influencias moi diferentes… Absolutamente. Había moitas sensibilidades diferentes. Realmente o punto de enlace quizais foi recrear (porque doutra maneira non se pode facer) o espírito do rocanrol e das súas influencias sobre todo funk e soul. Manifestalo dun xeito vehemente e esaxerado, recreado, máis que tentar facer rocanrol de verdade. Velaí agroman influencias moi importantes para min como son os Cramps, que recreaban a historia do rocanrol dun xeito grotesco. Ou incluso a recreación que fai Nick Cave do que os grandes crooners da historia. Ou mesmo imitar directamente aos grandes cantantes soul e de funk que influíron moito a miña vida: Wilson Pickett, James Brown, Marvin Gaye, Barry White. Todo ese rollo guarrote gústame.

Mólavos a onda revival entón? Non somos revivalistas. É absolutamente imposible. Simplemente recreamos cousas que nos gustan. Vivimos no presente, aínda que é horrible.

Cando ides presentar oficialmente o disco? Faremos unha presentación en outubro con Salvation Army, un grupo de Pontevedra co que encontramos afinidade e moita comprensión e mostráronse positivos á hora de tocar con nós.

Cal dirías que foi o disco polo que decidiches, “veña, vou montar o meu grupo”? Cando comecei nisto, sen dúbida, eran os Cramps. Agora diría que o Station to Station de David Bowie. Refineime moito. Realmente a música é coma o sexo, teño un amplo espectro de posibilidades (risas).

Mellor directo en Galicia na actualidade? O mellor directo que vin ultimamente foi o de Fluzo. Tamén xente como os Samesugas ou Unicornibot. Ou incluso Blind Crows.

Mellor concerto ao que asistiches? Sen lugar a dúbidas, Wilson Pickett na Coruña. Flipei, porque daquela non me interesaba moito a música soul. Tamén me gustou moito ver a Jon Spencer Blues Explosion.

Un lugar en Santiago? Eu con Santiago teño unha relación como cando levas uns cantos anos casado cunha persoa que lle tes un odio total, pero daste conta de que non podes vivir sen ela. Detesto Santiago, paréceme un lugar odioso, Santiago está podre. Pero amo Santiago, adoro Santiago e gústame calquera rincón da zona vella. Por exemplo encántame estar na Peixería Vella ou nesta terraza do Hotel Real, no corazón da zona vella.

Un garito en Santiago? O Mercromina, sen dúbida.
___________________
Escoita o novo disco de Curtinaitis aquí:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: