Especial Psicodelicias| Jose ‘Bellotas’: “É unha forma de xuntar grupos que comparten unha visión sobre a música”

Bellotas1Nome: Jose 'Bellotas' 

Lugar de nacemento: Madrid 

Lugar de residencia: As Illas de Gres (Pontevedra)

Profesión: Chatarreiro

blanco

Que vínculo existe entre as nove bandas do cartel?
Teñen sons baseados nos 60 e 70, clásicos, con certo toque psicodélico pero cunha visión moi contemporánea. Eu diría que son bandas que teñen un pé no pasado e outro no presente. Ademais teñen pinceladas de psicodelia e un punto moi ruidista, moi noise, de guitarras moi contundentes e moi saturadas que os fan certamente especiais.

Cal é o grupo que non nos podemos perder?
A miña aposta persoal foi Monstruo e é o que máis recomendo. É un grupo de xente moi nova de Ourense que fan unha música espectacular, moi ruidista e que me deixaron coa boca aberta. Ademais estaban desfeitos e xúntanse para a ocasión. O resto dos grupos son espectaculares todos, coma Puma Pumku, un grupo incrible, ou Orquesta Pánico, que fan música psicodélica instrumental improvisada en directo, sen ensaiar. 

Como se organizarán os concertos?
A idea é que vaian alternándose entre o Embora e o Ateneo. O festival comeza con Uppercut, de música instrumental, cunhas guitarras moi envolventes, e logo segue un grupo da Coruña chamado Fogbound, que son máis clásicos pero que teñen un toque moi moderno. O fin de festa vai ser no Ateneo, con Monstruo e Thee Boas

Por que decidistes pór en marcha un festival deste tipo?
A idea orixinal era estender a música por toda a cidade como se fai en moitos festivais en Estados Unidos, en Austin por exemplo, e facer concertos en lugares donde non se fan nunca, coma unha carnicería ou unha perruquería. Esta idea quedábasenos un pouco grande para ser a primeira vez, polo que decidimos probar este ano con dous bares  e para o que vén esperemos que a idea teña continuidade e que se engada algún sitio máis.

A idea vén de lonxe entón…
Cando vivía en Ourense cheguei a presentar un proxecto deste tipo para organizar concertos por toda a cidade, en prazas e en comercios, pero ao virme para Santiago nunca cheguei a materializar a idea. Era un runrún que tiña na cabeza e agora saiu a flote outra vez.

Cres que había necesidade de crear un festival deste tipo na cidade?
Si. Todos estes grupos teñen os seus circuítos de concertos pero están moi desligados entre eles. Penso que todos comparten moitas ideas e visións do que é a música hoxe en día e así pódese dar forma ao conxunto. Por outra banda, todos os festivais que se fan aquí en Compostela son similares en moitas cousas e céntranse en estilos de música moi concretos. Parece como se estas bandas non tiveran oco neles. Esta é unha forma de xuntalas e dar unha festa de amigos pero máis sólida para dicir “estamos aquí e temos moito que ofrecer e queremos que nos vexades a todos”.

Haberá máis actividades?
Haberá un mercadiño e comida. A zona de mercadiño vai ser no Ateneo e na terraza do Embora e pola noite haberá pinchadiscos. Ao Embora vai vir Querido Extraño que ten pinchado moito no Mogambo, na Fábrica de Chocolate e na Iguana. No Ateneo vai pinchar xente que non adoita pinchar moi a miúdo e que ten un coñecemento musical espectacular. Vai estar moi ben.

Como financiades isto?
Con aportacións dos bares e dos colaboradores. Logo imos vender unhas rifas para sortear unha cea no Paso del Noroeste e un desconto na tenda Atomic de zapatillas deportivas.

_______________________________________________________

Este sábado 20 celebrarase a primeira edición do Compost & Psicodelicias, coas actuacións de Los Thyssen, Thee Boas, Orquesta Pánico, Fogbound, Uppercut, Puma Pumku, Fuzzbombs, The Blind Crows e Monstruo. A festa comezará ás 13.00 horas e os horarios serán os seguintes:

psicodelicias


14.00: Uppercut
15.00: Fogbound
16.00: Puma Pumku
17.00: Los Thyssen
18.00: Fuzzbombs
19.00: Orquesta Pánico
20.00: Blind Crows
21.00: Thee Boas
22.00: Monstruo

[***Por razóns administrativas os concertos realizaranse íntegramente no Embora]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: