DePerfil | Manuele Caamagno: “Calquera chaval de Oroso que queira tocar, no Psicotroita vai ter sitio”

MANUELENome: Manuele Caamagno

Lugar de nacemento: Sigüeiro

Lugar de residencia: Sigüeiro

Profesión: Máster del Universo en Tremendo Laboratorio de
Formas Audiovisuais



blancoblanco

blanco

blanco

Por que ten que ir a xente ao Psicotroita?
A xente ten que vir ao festival, se quere, porque ofrece algo que non existe: o momento da exhibición para o rock&roll en galego. E se existe é pequeno. O festival non é todo rock en galego pero si que é parte fundamental. Deberían vir porque hai unha selección de grupos bastante boa. E porque Sigüeiro es un pueblo maravilloso, paradisíaco.

O cartel da primeira edición e da segunda teñen un punto en común: todos os grupos son galegos menos un. É coincidencia?
Non, non é coincidencia. O ano pasado viñeron Los Guajes que para min é un grupazo e este ano veñen Yakuzas, que é rock&roll moi potente. Creo que traer unha mostra do que se fai fóra tamén é necesario e pode enriquecer incluso.  

Tamén haberá actuacións dos alumnos da Escola de Música de Oroso…
A idea é que no Psicotroita toquen os grupos do concello de Oroso. Que sexa o primeiro punto onde un chaval que queira tocar poida facelo. No Psicotroita van ter sitio. É algo que me propuxen desde o principio: dar oportunidades, porque hai xente boísima que queda na casa. 

Quen conforma a organización do festival?
Na organización propiamente dita estou eu e desde este ano están colaborando, organizando e tomando decisións ao 50% comigo Tinta de Lura. Tamén é moi importante para este festival Mutante Creativo, con Mou e Sokram. No apartado gráfico entendémonos perfectamente. É moi enriquecedor.

O ano pasado houbo sardiñada. Cal é o menú desta edición?
Este ano como hai a sesión vermú a xente vai poder vir e comer. O ano pasado desde a organización fixemos a sardiñada ‘nowayout’ pero este ano vai haber postos de comida que están autoxestionados, coma en calquera festival. 

Explícame o da piscina.
É un servizo do que se dispón no Concello de Oroso, pero desde o Psicotroita nin pinchamos nin cortamos no tema. Está xusto ao lado da acampada e custa dous euros ao día. Eu se vou a un festival e me din que de lado tes unha piscina, con auga quente na que te podes duchar e que te podes cambiar, por dous pavos eu iría. 

E se mañá chove quen nos vai acochar?
Se chove, hai carpa e vai ser unha festa un pouco máis mollada, pero vaise facer igual. Non creo que caia unha tormenta. Orballará unha migha e incluso o agradecemos.

Tal e como anda o mundo cultural vos organizades un festival gratuíto con seis grupos, dous djs e Tony Lomba. Como facedes isto posible?
Xoghando, facendo unha produción amable, a mesma produción que me gustaría que me fixeran a min se eu fose o invitado. Por un lado o concello axuda e por outro a base de patrocinios. Sachamos los mil y uno sachares. E logo tamén se pon algo. Considero que aos grupos non os hai que mangonear. O caché é moi importante pero tamén hai outras cousas que se poden ofrecer e non falo só de comida ou durmida. Simplemente un trato ou un cambio incluso.

En que momento está Familia Caamagno agora?
Estamos collendo todos os cartiños que podemos, meténdoos nunha caixa e xuntando todo para gravar en setembro unha cousa moi específica. Gustaríanos quitar un EP en vinilo.

Por que non editastes en vinilo o voso primeiro traballo?
Pola pasta. Realmente se editamos o CD foi por unha nostalxia estúpida colectiva.

Con que vai sorprender Familia Caamagno no Psicotroita?
Familia Caamagno tocamos en Sigüeiro porque case era unha obriga para familiares, tíos e primos. Tocaremos o repertorio e faremos algunha coña. Farémolo máis familiar.

___________________________________________________________________________________________

Psicotroita celébrase esta fin de semana (21 e 22 de xuño) en Sigüeiro, a uns minutos de Santiago. O venres 21 estrearán o escenario Camarada NimoyThe FuzzbombsFamilia Caamagno e Dj de Lata. O sábado haberá sesión vermú amenizada por Tony Lomba Bigote Mix e pola tarde será a quenda dos Combos da Aula de Música de Oroso. Pola noite a festa continúa con Samesugas, YakuzasO Caimán do Río Tea e novamente Bigote Mix.

psicotroita

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: