Almorzos en Compostela| Polbeiras en Amio

Se o teu é almorzar potente para coller forzas para toda a xornada, o mércores é o teu día especial da semana. Unha visita á feira de Amio implica unha parada nalgunha das súas polbeiras.

Vaias o cedo que vaias, alí xa haberá gandeiros, camioneiros, traballadores do polígono e algún xubilado madrugador pechando algún trato a golpe de cunca.

Disque o polbo sabe mellor nun banco corrido, se cadra si. O que é seguro é que cando está no seu punto xusto é gloria, e as polbeiras que van a Amio saben o que están a facer.

20130605_112756
Prato de polbo servido ás dez da mañá

Xa sabedes o que ofrece a feira: un bo pan co que mollar no aceite e viño do país, que segundo o día, tanto  baixa fenómeno como vén rabudo.

Aínda que o noso almorzo foi o clásico trío de polbo, pan e viño, dende primeira hora podes pedir outros pratos como carne ao caldeiro, churrasco ou bacallau.

Para rematar metímoslle un cafeíño de pota, e listos para ir ao choio.

**Coidado cas pozas os dias que chove

pulpo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: