DePerfil | Álvaro Álvarez: «Niño y Pistola é a forma na que materializamos una afección desmedida pola música»

alvaro74

Nome: Álvaro Álvarez
Idade: 36
Lugar de nacemento: Ferrol
Lugar de residencia: Santiago de Compostela
Profesión: Integrante de Niño y Pistola

 

 


blanco

Por que Niño y Pistola? Xurdiu NyP porque nos parecía que o contraste estaba ben e que podía resultar un pouco chocante a parte naïf e inocente da infancia con algo como unha pistola. É simplemente un xogo de palabras máis que unha explicación oculta ou unha referencia a algo. Último concerto ao que asistiches? O de Robyn Hitchcock. Despois tivemos a sorte de cear con el e foi unha gozada compartir a súa visión dos grupos clásicos, a súa visión da música… Foi moi interesante a verdade. E falando de influencias, que escoitabas dez anos atrás? Escoitaba moitos grupos dos que escoito agora mesmo como os Doors, os Beatles, Dylan, Led Zeppelin e grupos un pouco máis contemporáneos como Divine Comedy. O mellor directo? Aínda que pareza que estou obrigado a decilo, o mellor directo creo que é agora mesmo. Creo que nunca o grupo estivo tan ben engrasado e cun directo tan potente como agora. O último tería sido en La Laguna (Vigo) e creo que foi un bo concerto. Estamos moi, moi contentos. Os mellores compañeiros en escena? Podería dicirche, cambiando un poco a pregunta, mellores compañeiros dentro das bandas fóra de escena. Xente como Holywater, un grupo co que ademais compartimos sello. Sodes dos que apostades polo vinilo… Somos grandes amantes da música e dos clásicos. É como darlle un toque de dignidade ao formato. Tamén para que os nosos pais nos tomasen en serio (risas). Un lugar para acougar? Íbache dicir o parque de Belvís por facer un pouquiño de autopromoción da Romaría Pop… Pois si, o parque de Belvís. Un garito en Compostela? Un que me gusta especialmente é El Paso del Noroeste. É un sitio no que ademais de poder comer e beber moi ben, teñen unha cultura musical moi grande e é xente que sinto moi próxima a min. Define NyP nunha frase. NyP é a forma na que materializamos unha afección desmedida pola música.

[O próximo día 6 de xuño Niño y Pistola estarán actuando na Zona C xunto con When Nalda Became Punk no que será o concerto de presentación da Romaría Pop. Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal, A Reixa Tenda e ticketea.com]

blanco

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: