ANTI-TENDENCIAS | Baixo a vide. Indie-Rock entre barricas

Birds are Indie no Kuntshalle

Birds are Indie no Kuntshalle

Foi o pasado 27 de febreiro cando daba comezo o ciclo de concertos Baixo a Vide. A proposta conxuga á perfección unha boísima selección de actuacións musicais coa cultura vinícola da nosa terra, recuperando uns espazos que están a ter cada vez máis protagonismo neste tipo de eventos: as bodegas. ‘Concertos con denominación de orixe’ parece un xogo de palabras moi acertado que non fai máis que poñer de manifesto que o ciclo aposta pola calidade en tódolos sentidos.

Rompíase o xeo no pub Kunsthalle cunha exquisita actuación do dúo pop-folk Birds are Indie, unha parella de Coimbra que xa actuara en Compostela -alá por setembro do ano pasado- presentando o seu disco debut no ciclo TerraZeando. O certo é que o lugar escollido para a estrea é xa por si só unha proposta diferenciada e innovadora na cidade, pero está claro que estas iniciativas engádenlle valor á actividade cultural do local da rúa da Conga. A parella, xunto cos caldos que se serviron sendo fieis ao espiríto do ciclo, resultou ser un reclamo perfecto para a apertura da andaina. A seguinte cita fixouse o 15 de marzo, sendo Sr. Chinarro o encargado nesta ocasión de poñerlle música e voz ao encantador Pazo de Señoráns. Posteriormente as vides voltaron ao Kunsthalle para acoller o  directo de Robyn Hitchcock o 18 de maio.

Actuación de Robyn Hitchcock

Os tres concertos esgotaron aforo, así que os despistados que aínda non sabiades desta nova proposta estades a tempo de xulgar por vós mesmos no concerto que dará Xoel López o 14 de xuño na Adega Regina Viarum. Esta festa prolongarase ata ben entrada a noite cunha pinchada de Nano Vinilo e cunha boa variedade de aloxamentos para facer noite na terra dos Canóns do Sil.

O concepto de espazo multidisciplinar é tendendia. Un exemplo claro en Compostela é a crecente actividade da sala de exposicións Zona C ou as actuacións de Jazz no Mercado que se celebran dentro do Festival Via Stellae dende fai varias edicións. Estas iniciativas parten de descontextualizar a música e sacar aos grupos das salas aproveitando a acústica de lugares que a priori non estaban pensados para acoller concertos. Tamén é coñecida a boa programación da terraza das Bodegas Martín Códax, en Cambados, onde a música tradicional galega e a contemporaniedade do espazo mestúranse á perfección cos Organistrums e Lías da casa. Todo isto vén ao caso xa que cómpre explicar que se están a facer cousas moi interesantes no plano cultural coa colaboración das bodegas da nósa terra. Baixo a Vide traballa nesta liña, organizando uns eventos moi atractivos para o espectador e sendo pioneiros nas nosas fronteiras en levar aos grupos máis independentes da escena actual a estes espazos.

[Venda de entradas en www.ticketea.com]

Sr Chinarro no Pazo

Sr Chinarro no Pazo de Señoráns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: