SAUDADES DE COMPOSTELA | VOL.2

Non é doado resistir o paso do tempo coa boa saúde que o está a facer o comercio tradicional de Compostela. Negocios que xa teñen ben cumprido o século de historia e que seguen a levantar as súas reixas cada mañá como se fose o primeiro día. Son moitos os que fan que, en ocasións, os nosos pais e avós sigan a ver en branco e negro as rúas e prazas da cidade na que a choiva é arte. Nesta segunda entrega remataremos o bosquexo do que foi o Santiago de antano.

Fotos: Andrea Brea

Fotos: Andrea Brea

Comecemos por un dos gremios máis potentes do comercio compostelán: os boticarios. Desde a apertura da Farmacia Bescansa (Praza do Toural), fundada polo Doutor Casares alá polo 1843 e rexentada posteriormente por tres xeracións da familia que lle dá nome na actualidade, foron moitas as que a seguiron na zona.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Perfectamente distribuídas desde a rúa da Algalia ata a Praza do Toural, non atopamos unha soa que baixe dos cen anos de actividade. Recoméndovos curiosear as encantadoras marqueterías e os míticos tarros de botica das farmacias Gómez Ulla (Porta Faxeira), J. Martínez (Algalia de Abaixo) ou Valdés (Praza do Toural).

Xusto en frente da xa citada Farmacia J. Martínez atopamos a Droguería- Perfumería A. Pérez Laborta, que abastece de cosméticos e productos de limpeza aos composteláns desde o 1837. Case nada.

Baixando ata a rúa das Orfas continuamos no século XIX, concretamente no ano 1877. Ese foi o ano —aínda que non se coñeza un censo exacto dos comercios máis antigos da cidade— no que abría as súas portas o primeiro estanco de Santiago: o Estanco Garabal. Se cadra, despois de mercar dous ‘pitos’ en Garabal o propio era achegarse ata o Quiosco do Toural (1910). Neste, podemos atopar na actualidade unha surtida variedade de publicacións nacionais e internacionais. Venderían Le Monde ou The New York Times cincuenta anos atrás?
Estanco GarabalKiosko Toural

E falemos para rematar do nobre oficio de despachar. Establecementos como Confecciones Riande (1920), na Praza do Toural, ou Ferretería Casas Chico (1858), en Casas Reais, non fan máis que darlle un valor engadido á nosa máxica Compostela. Saudades ao ver esas interminables estanterías cheas de camisas perfectamente almidonadas e parafusos e torcas de tódolos tamaños imaxinables. Comercios onde menos é máis e a «imperfección» e o trato cálido e próximo convértense nun regalo para o cliente de hoxe.
RiandeOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

*Tamén poder ler o Saudades de Compostela| Vol.1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: