Almorzos en Compostela | Recantos

Nesta ocasión voltamos á zona vella para achegarnos ata o Recantos, na praza de San Miguel dos Agros. Neste amplo, aínda que entrañable lugar, atoparás unha gran variedade de almorzos onde escoller.

Por primeira vez en Acouga! incluimos un local que ofrece almorzo inglés, composto por ovos fritos con xamón ou bacon.  Tamén podes optar polo continental, pois o Recantos ofrece unha chea de opcións:  biscoitos e tartas caseiras, galletas de manteiga ou tona, tostas, croissant á plancha, muffins ou tarta de Santiago. Todo isto acompañado con cafés, infusións ou chocolates especiais, que atoparás en varios tamaños.

Tamén poderás degustar mini bocatas, sandwichs ou croissantss mixtos, coma o da foto.

O Recantos conta con wifi de balde e amplas mesas para que poidas almorzar ao mesmo tempo que te conectas desde o teu portátil.

Recantos

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: