Almorzos en Compostela | Pastelería Cervela

Como presta un café quentiño nestas mañás de inverno. E se ademais vai acompañado por un boliño ou un biscoito e custa só un euro, moito mellor, non si? 

Pois ese café existe, e prepárano con moito agarimo as camareiras da pastelería  Cervela, na entrada de Conxo, acompañado ademais dun chupiño de zume que aporta as vitaminas necesarias para comezar o día. Queremos salientar que se trata de zume de laranxa natural, nada de brebaxes concentrados.


Se prefires un almorzo máis abondoso, podes probar as súas exquisitas torradas, con aceite, manteiga ou marmelada. Hai, ademais, unha ampla variedade de pasteis onde escoller: biscoitos, napolitanas, croissants…

Recomendámosche que aproveites a súa terraza nos días un chisco soleados, xa que a estancia é moi agradable e está bastante recollida do frío e o vento. 

O mostrador da pastelería/panadería inclúe produtos dende o máis clásico ata o máis innovador, pois tódolos días hai á venda cupcakes de diferentes cores e sabores ademais de postres típicos galegos como a bica ou as filloas. Cabe destacar que Cervela elabora artesanalmente pan para celíacos e outras variedades máis novidosas coma o pan de noces ou o multicereal.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: