Top 15 | O Samaín máis arrepiante

Chámeselle Samaín, Halloween ou Noite de Defuntos, este mércores Compostela vai tremer de medo. Dada a ampla oferta nesta ocasión decidimos avisar con tempo para que poidades escoller a festa que mellor se adapte aos vosos gustos. Na zona vella estas son as opcións.

1. No Embora o encargado de pór a música máis tenebrosa será Dj Capuzzi. Haberá ademais un espectáculo de Cabaret.

2. O Babel converterase na Casa do Terror, con dulces de Halloween e cócteles terroríficos. A música correrá a cargo  de TodoLoMaléfico Dj.

3. O Mercromina celebrará a festa ‘Tus Muertos Favoritos’ onde poderás degustar as ‘Killer margaritas’. Lembra que se vas disfrazado terás regalo seguro!

4. O Atlántico será un Bosque Encantado por unha noite, onde poderás degustar os cócteis máis máxicos.

5. A Borriquita de Belém celebrará a ‘Noite mexicana dos muertitos’ coa sesión de Dj Sick Boy González. O toque mortífero porano os cócteis ‘Matador’ e as margaritas ‘Chavela’.

6. Ao Miúdo, o Truques e o Rhythm & Blues terás que ir con antifaz, pois alí celebrarase a Festa das Máscaras.

7. Se ques botar os ‘Feighallos’ fóra, achégate ata O Pozo e proba a súa queimada. Bigote Mix será o responsable de pinchar os ritmos máis marchosos nesta ‘Noite de ghalogüin’.

8. No cemiterio O Vaga haberá un Micro Aberto no que tamén se poderán degustar unhas suculentas tapiñas. 

9. Non te esquezas pasar polo Fragglerock, o camposanto máis psicodélico con Killerwall nos pratos.

10. As melodías máis siniestras soarán na Reixa, seleccionadas por Rafa Morcego.

11. Se te achegas ao Ameas pub co teu disfraz máis chamativo poderás conseguir fabulosos regalos.


Na zona nova tamén se celebrará esta noite do terror. Os
pubs e bares do ensanche compostelán invitante ás súas festas temáticas temáticas para que saques do armario o disfraz máis terrorífico que teñas.

1. O Shangó celebra as súas Horror Party o mércores e o xoves.

2. O J de Joker invítate a probar as súas tapas sanguentas. Poderás degustar exquisitos dedos mutilados, ovos de araña ou ataúdes sanguentos.

3. Os atrevidos que se acheguen ao Tatooine disfrazados poderán tomar chupitos de sangue e osiños de gominola envelenados.

4. Por último, a discoteca Apolo celebra o Paso de Ecuador de Medicina cunha arrepiante festa de Halloween.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: