Almorzos en Compostela | Cafetería Alba

Aínda que parece que ameaza con vir o inverno anticipado, en Acouga! resistímonos a abandonar as terrazas e buscamos os últimos redutos de sol da cidade.

De mañá aínda podes refuxiarte e quentarte ao sol cun bó café ou un dos mellores chocolates de Santiago na terraza da Cafetería Alba. Está situada na rúa Fernando Tercero El Santo, xusto en fronte dos cines Valle Inclán.

Por 4,05 euros podes tomarte un saboroso chocolate con cinco churros e un café con leite con xeo, se es dos que aínda resisten o fresco que fai. Se non es de grandes almorzos, debes saber que co café sempre poñen algún boliño pequeno que pode ser perfecto para os golosos de media mañá.

Ademais das mesas na rúa, o café Alba conta cunha pequena entrada cuberta que utilizan a modo de terraza e na que caben un par de mesas. Por se non entraches nunca, tan só dicirche que o local é moi grande e espacioso para xuntar mesas e ir en grupos grandes a tomar algo e o trato, moi agradable.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: