Despedimos o verán co Music Way

Despois de meses de incerteza, un público expectante e ata un cambio de nome do festival, a semana pasada por fin se confirmou o cartel do Music Way.

Fíxose de rogar, pero finalmente encabezarano, nin máis nin menos, que os suecos The Hives e os galeses Manic Street Preachers.  Acompañarannos no escenario The Courteners, Layabouts, e os galegos Heredeiros da Crus,  Holywater, Maryland, The Cornelius e Munich.

Aínda que a selección final de bandas foi froito de opinións do máis heteroxéneo nas redes sociais (queixas na súa maioría) o certo é que hai un aspecto no que non caben as críticas: o  prezo, xa que podes facerte co teu abono para os dous días por só 19,99 euros (infórmate aquí). Un prezo regalado para un cartel de dous días con bandas internacionais. 

O chamado Rock in Way na pasada edición, este ano tamén muda de ubicación, pois realizarase no Recinto Feiral de Amio e contará con acampada gratuíta para os asistentes ao festival. Realizarase, ademais, campionatos de skate e longskate no propio recinto

Outra das novidades deste ano é o Music Way para nenos, un festival que se realizará o 29 de setembro  de 16 a 20 horas na Cidade da Cultura e que contará con obradoiros, actividades infantís e as actuacións de Brodas, Mamá Cabra e Alondra Bentley.


Aquí unha mostra:

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: