Almorzos en Compostela | PanGarcos

Parece que o verán finalmente chegou a Compostela, e para celebralo, algo mellor que un almorzo fresquiño?

Atopamos unha terraza perfecta para estes días de calor. Está na Avenida de Barcelona e pertence ao PanGarcos Pan e Café.  Alí, por só 3 euros podes degustar un almorzo ben abondoso:

Zume natural, café ou infusión e torradas (con tomate e aceite ou manteiga e marmelada) ou o boliño ou a tarta que prefiras. Hai unha gran variedade de pasteis e tés onde escoller.

Almorzo saboroso cunha moi boa presentación, en interior, ben luminoso; ou terraza, como ti prefiras.

E despois de poñerte as botas con semellante comilona, podes mercar o pan para xantar, xa que o PanGarcos dispón dun despacho onde facerte coas mellores bólas e barras.

Unha proposta ideal para as mañás estivais compostelás.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: