Festival Psicotroita: o mellor rock&roll en Sigüeiro
Acouga! fai unha excepción hoxe para recomendarvos un plan fóra de Compostela que pinta moi moi ben! Falamos do Psicotroita, un festival gratuíto que este venres e sábado levará a mellor música a Sigüeiro, a tan só uns minutos de Santiago.
E que che ofrece o Psicotroita? Música, festa, comida e sobre todo moita diversión.
Gústache o rock & roll, o garage e o rap galego?
Logo, non tes excusa, xa que o Psicotroita ofréceche un cartel do máis apetitoso:
O venres poderás ver ao vivo aos asturianos Los Guajes, o rockabilly de Doctor Gringo e o rock autóctono de Familia Caamagno, ademais dos combos da escola de Música de Oroso.
O sábado, o cartel non perde nin un chisco de forza, pois soarán Kastomä, un clásico da escea musical galega; Terbutalina, gastropunk desde Muros; e o rap incombustible de Malandrómeda.
Despois dos concertos haberá sesión de dj’s; o venres con Rafa Morcego, e o sábado con Supahcan Selector.
Adoeces polo churasco e as sardiñas?
O Psicotroita non pasou isto por alto e o sábado, cadrando coa noite de San Xoán, haberá sardiñada, churrascada e cacharela!
Atopas unha forma mellor de pasar o San Xoán ca esta?
Se queres máis información sobre o festival, os horarios e as actividades encadradas dentro do mesmo, entra na web do Psicotroita e sae de dúbidas.
*Coñece ás bandas do cartel do Psicotroita: