Xa chega a romaría… POP!

Si! Xa chegou! Mañá celébrase a Romaría Pop, onde soará a música de Disco Las Palmeras!, The Winning NumbersLa FamiliaMequetrefe, Músculo, Sr.Fluzo, e Diadermin.

O parque de Belvís acollerá dende a 1 do mediodía numerosas actividades que manterán aos visitantes da Romaría ben ocupados. De seguro que non sairán da feira de roupa e vinilos coas mans baleiras, pois este mercadiño promete conter artigos do máis interesante.

Ademais, haberá escenario infantil, presentacións culturais e obradoiros infantís e ambientais.

E se pensabas que ías pasar fame, estás moi equivocado, pois na Romaría terás moito onde escoller. Pulpo, churrasco ou gazpacho, ademais de repostería americana e xeadería.

O tempo tampouco vai ser un problema, xa que segundo as previsións meteorolóxicas, mañá será unha xornada tranquila e sen precipitacións. Esperemos que así sexa e que todos poidamos disfrutar da romaría con tempo primaveral, aínda que o bo humor e as ganas de festa non han faltar!

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: