Finde ao Brasil

Rematada a semana da cultura xaponesa, Compostela proponnos dous días máis de interculturalidade a carón do VI Encontro Internacional de Capoeira.

Sexas ou non amante deste vistoso arte marcial, recomendámosche ir a ver algunha das súas actuacións: instrumentos de corda e percusión fabricados a man, danzas frenéticas e moitas moitas palmas do corriño de xente que rodea aos participantes.

A mágoa: o mal tempo. Xeralmente podes atoparte con este entusiasta grupo de xente na Alameda, descalzos e vestidos de branco. Pero este ano non vai ser menos e podes asistir de balde ás súas actividades de fin de semana.

Hoxe ás 19h, no salón de actos do colexio La Salle, gala do Encontro Internacional de Capoeira no que partiparán mestres nacionais e brasileiros.

E para rematar o día, FESTA BRASILEIRA no Meia a partir das 00h.

O domingo poderás abraiarte no pavillón de Santa Isabel coa actuación do grupo Iandé Capoeira.

Xa sabes, se che apetece moverte un pouco ou simplemente desfrutar da espectacularidade dos seus movementos… non desperdicies a oportunidade!

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: