Almorzos en Compostela | Sano Sanote

Buffet libre por 2,95€. Rúa Alfredo Brañas, número 22. Fai falla dicir algo máis?

Café, té ou infusión + todo o que poidas comer. E aquí entra de todo un pouco: froita, churros, bolos industriais, torradas con manteiga e marmelada, fiambre, melón con xamón, macedonia, zumes e iogures.

Recomendacións? O café con leite é grande e paga a pena ir catalo, non moi cargadiño (iso sí) e con moi rica espuma. Torradas recén sacadas por ti mesmo, xa que alí tes a tostadora e así asegúraste de que están ao teu gusto.

Se es dos amantes da froita, recomendámosche que vaias antes das dez e media, porque desa hora xa empeza a estar todo un pouco reseso. A partires das doce comezan a aparecer por alí as ensaladas do xantar que, por suposto, non entran no prezo do almorzo.

Se pasaches algunha vez por alí e viches os prezos no cartaz da porta, non lle atendas. Aínda que poña o almorzo a catro euros, entra e logo verás un papeliño coa nova oferta.

A opción B, un pouco máis cara: wok de verduras para o almorzo, por dous euros máis. Aos que vos guste a vida sanota de verdade e vos atrevades a innovar xa pola mañá cedo, tedes unha cita no Sano Sanote.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: