3, 2, 1… IMPRO!!

En Acouga xa podemos declararnos adictas ás Noites Improbables do Camalea. Despois dunha noite do máis devota adicada á Semana Santa (con procesión e saeta incluídas), este mércores volvimos para comprobar que a temática supersticiosa non baixou o nivel de risas no local.

Espellos rotos, gatos negros, números 13 e outras moitas supersticións contruíron os discursos dos cinco actores que se reuniron no escenario do local para inxeniar as humorísticas situacións que fixeron gozar aos numerosos asistentes.

Se és dos que che gusta participar pero tes algo de medo escénico, este espectáculo é o teu, xa que as noites improbables buscan a participación do público pero sen chegar a incomodar aos máis tímidos. A dinámica é moi sinxela: 1º – entra e senta nun bo lugar; 2º – escribe unha frase inxeniosa da túa colleita; e 3º – ri e goza do espectáculo!

As noites improbables baséanse na improvisación dun grupo de actores  que realizan unha serie de probas (flashback, dobraxe, estilos cinematográficos…) empregando ao mesmo tempo as frases previamente escritas polo público. Como poderás imaxinar desta fusión resultan situacións do máis cómico.

Dúas horiñas que che farán relaxarte e olvidarte dos problemas a base de risas e momentos inesquecibles.

Así que xa sabes, o próximo mércores ás 22:30h tes unha cita no Camalea.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: