Piccadillys, non. Picadillo…

Así quedaron os meus pés de bailar diante da banda de Glasgow. E non fun a única, non vaides pensar, a sala Moon encheuse de xente e tupés que non deixaron de moverse dende o sábado á noitiña.

Con falda sixties ou pantalón vaqueiro, o certo é que ninguén quedou no sitio ante o desplegue de son de The New Piccadillys nin ante a hiperactividade da súa voz principal, Kaiser George (na foto, á esquerda).

Ritmos frenéticos de twist e rock ó mais puro estilo The Beatles (quizáis demasiado) percorreron a sala compostelana perante unha escasa hora de actuación. E é que a pesar da gran ovación do público, os Piccadillys fixéronse un pouco de rogar. Volveron tres veces ó escenario, iso sí, mais estas interrupcións finais de “marcho ou non marcho”, convertiron os últimos minutos nun concertus interruptus que nos deixou no clímax, e a medias.

A música, o ambiente, a enerxía do concerto, máis que espectaculares dende o minuto un. Pero polo prezo da entrada (12,50€ anticipada, 15€ en taquilla) esperabamos que tocasen un pouquiño máis tempo. Aínda así, se es mínimamente fan da música dos ’60, recoméndoche que os escoites en directo. Cancións da época e novas versións como a de ‘Judy is a punk’, sembran o baile alí por onde soan.

Un grupo máis que recomendado. Agora, na súa xira española, marchan para Madrid e sortean entradas na súa páxina en Facebook. Se tes a posibilidade de estar alí, non a desperdicies.

El grupo británico The New Piccadillys viene a Gijón

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: