Finde de concertazos
As salas compostelanas celebran a chegada das vacacións de Semana Santa por todo o alto e ofrécennos tantos concertos que non somos capaces de elixir… Se eres rockanroleiro ou máis ben eres de jazz e swing, este finde non quedarás na casa vendo o que se nos aveciña.
Para tódolos gustos e bolsillos, temos música e teatro para dar e tomar:
The New Piccadillys – a banda británica visita a Sala Moon a ritmo de rock, beat e twist.
Na liña dixie, swing e blues… O Sister !
Ruxe-Ruxe presenta novo disco na Capitol xunto a Medomedá.
E se che apetece máis estar sentadiño, sempre podes ir ó teatro.
E isto é só unha mostra de todo o que te espera este inicio de vacacións. Consulta o resto de actuacións, prezos e horarios na nosa Axenda.