Realismo poético


Así definimos a mostra de fotografía de Xoan Diéguez que se exhibe, até mediados de abril, no Candinga.

Cinco imaxes enmarcadas forman unha pequena mostra do seu traballo, na que  realismo e detallismo se mesturan para dar lugar a imaxes bucólicas, case idílicas, con dous estilos moi marcados.

O primeiro deles, case impresionista debido ó tratamento posterior da imaxe, recórdanos a autores pictóricos como Monet ou ó Van Gogh dos 80 (s.XIX), trasladándonos a paisaxes reais, pero ensoñadoras.

A segunda liña de estilo, completamente oposta: hiperrealista e centrada no detalle, a luz e a cor de elementos naturais, uso de macros e captación de instantes efímeros (unha gota de auga, unha libélula pousada).

A elección de temáticas e o tratamento de imaxe configuran un traballo alegre e cheo de colorido, de boa calidade, aínda que botamos en falta algunhas mostras máis do seu traballo. Cinco imaxes non dan para moito.

As fotografía atópanse á venda. Os interesados poden consultar prezos na barra da cafetería.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: