Reminiscencias en doce pasos

Quietude e lembranza son dous termos que poderían definir a exposición fotográfica que dende onte está a acoller a compostelá tenda O Gato Cósmico. Baixo o título La Finca, o fotógrafo galego Jesús Madriñán realizou unha selección de doce imaxes onde os instantes fican inmóbiles dentro dunha bucólica escea na que aflora a nostaxia e os recordos dunha etapa, se cadra mellor.

O autor adoita traballar en series de fotografías vinculadas moi estreitamente coas súas vivencias persoais. Neste caso, as imaxes transmiten certa contradicción entre o concepto de familia e o aislamento que se pode chegar a sentir no círculo máis íntimo. Todo isto a través de motivos florais e retratos individuais onde as expresións chegan a mancar, ferramentas escollidas por Madriñán para deixar impresa a súa pegada en cada unha das fotografías que compoñen esta exposición que podes visitar ata o 22 de xuño.

Cada exemplar enmarcado e firmado polo autor pode adquirirse por 35 euros. Tamén están á venda packs de postais con cada unha das doce fotografías ao prezo de 12 euros o conxunto.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: