O pan dos larpeiros

Hoxe traemos unha suculenta suxerencia para os máis panceiros.

Dende hai un tempo véñense introducindo nas panaderías de Santiago unhas orixinais propostas que teñen o pan coma protagonista principal. Seguro que coñeces o clásico pan con pasas ou noces. Pois desta vez a imaxinación foi máis alá, xa que hoxe podemos atopar pan mesturado con ingredientes do máis variado: avelás, chocolate, laranxa, dátiles, e mesmo bogavante!

O primeiro exemplo témolo na Rúa Algalia de Arriba, onde a panadería Saima oferta catro tipos de pan con outros ingredientes dende a semana pasada. Esta proposta está sendo moi ben acollida xa que por só 0,60€ podes desfrutar de barriñas de pan con avelás e pasas, chocolate e laranxa ou noces e pasas, e por só 1 € a de bogavante e sésamo.

Outras saborosas opcións son as que ofrece a coñecida panadería compostelá A Troia, na rúa homónima. Este establecemento leva elaborando productos artesanais dende 1999 sendo o pan un seus dos produtos estrela. Nesta ocasión trátase de bolos dun tamaño considerable que xogan con diferentes sabores coma o café, os dátiles, o iogur ou as gominolas. Ti mesmo podes consultar as diferentes variedades de pan na súa web ou mesmo realizar a compra online. Ademais, recén saído do forno está o Rincón da Troia, un blog onde podes poñerte ao día das súas últimas creacións panadeiras.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: