Almorzos en Compostela | Chiripa tapas

[Sentímolo… Este establecemento pechou as súas portas a finais de 2012]

Esta semana almorzamos no Chiripa tapas, un acolledor lugar situado na Rúa Nova de Abaixo que conta cunha gran variedade de tostas,  crepes  e ‘montaditos’.

Aconsellámosche que vaias con fame, porque no Chiripa non se andan con tonterías.

As tostas son ideais para un almorzo forte, para recuperar forzas a media mañá ou simplemente para xantar ou cear, porque están boísimas. Hai unha ampla diversidade á túa disposición:  de revolto de patacas e chistorra,  de pementos caramelizados e queixo, vexetal, de queixo, xamón e mel… Unha ducia de opcións para que escollas a túa, entre os 3,5 e os 6 euros.

Se é algo excesivo para o teu gusto, tamén podes probar os seus ‘montaditos’ con diferentes ingredientes, a 2,5 e 3,5 euros; ou as crepes saladas, elaboradas con deliciosos produtos naturais (queixos, verduras, touciño, xamón…)

Croissants e respostería tamén están dispoñibles para ti neste local da zona nova, que ademais conta con wifi de balde.

O peor? Mariló Montero no televisor.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: