Trazos entre reixas

A taberna O Pozo, está a acoller unha exposición de láminas de Xosé Tarrío que o autor realizou durante a súa longa estancia no cárcere prolongada durante máis de 16 anos.

A historia de Xosé Tarrío vén narrada no seu libro autobiográfico “Huye, hombre, huye. Diario de un preso FIES” no que denuncia a situación  que se estaba a vivir nos cárceres durante os anos oitenta e noventa. Neste contexto, o anarquista decidiu dar saída as súas inquedanzas a través da pintura. Agora, sete anos despois da súa morte, estas reproduccións poden verse, e mesmo mercarse, na taberna O Pozo.


A exposición está organizada polo colectivo A Ghavilla destinando a recaudación total á loita anticarcelaria. As láminas están á venda por só 3 euros.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: