Eu teño moito swing !

¿Qué resulta de mesturar jazz, swing e claqué? A resposta é Aló Django: un grupo de galegos e extranxeiros que atopou a inspiración nas melodías dos xitanos “manouche” centroeuropeos para dar un resultado moi, moi divertido.

Aínda que poida soar un tanto extravagante ou alleo á cultura que coñecemos, o son de Aló Django engatusa a un ritmo vertixinoso, conseguindo que non deixes de prestar atención nin dar palmas.

Unha perfecta combinación entre instrumentos de corda, voces e acompañamento de claqué (en algunhas ocasións), que sin dúbida algunha configura unha show acústico moi orixinal.

O pasado domingo fixeron un cheo no Fraggle Rock, ¿vaste perder as súas próximas actuacións?

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: