Só apto para rockeiros

Unha das bandas máis consolidadas do panorama musical galego presenta novo disco o vindeiro 31 de marzo. Estamos a falar dos Ruxe Ruxe, que logo de 16 anos de carreira musical, interpretarán na Sala Capitol os novos temas incluídos no seu oitavo traballo Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Estarán acompañados no escenario polos incombustibles Medomedá que porán o seu toque persoal e estético, cunha nova indumentaria que de seguro sorprenderá aos asistentes do concerto.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A presentación de disco na Capitol e a venda de entradas con CD incluído xa é un clásico para os Ruxe Ruxe que repiten estratexia nesta ocasión. Xa podes facerte coa túa entrada anticipada con disco por 10 euros, ou sen el por 5.

Daquela, a que esperas para mercala? Podes facelo a través da web ou nos seguintes puntos de venda en Santiago: A Reixa Tenda, Cafetería J de Joker, Pub O Trasgo ou Pub Malas Pécoras.

Polo de agora, o primeiro adianto do disco, Rock do país.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: