Almorzos en Compostela | m* café e copas

En Acouga! gústanos comezar o día con forza, e para iso cómpre tomar un almorzo en condicións. Por iso, cada semana a través da sección “Almorzos en Compostela” suxeriremos interesantes opcións para que a primeira comida do día sexa tamén a máis agradable.

Iniciamos esta andaina no m* café e copas,  unha orixinal proposta situada a carón da zona vella compostelá, na Rúa Fonte de Santo Antonio.

O m* ofréceche tres suculentas opcións:

Se es de padal doce o almorzo 1 é o teu. Inclúe zume de laranxa natural, café grande ou infusión e para mollar, croissant ou tostas con manteiga e marmelada.

Pola contra, se prefires o salado, podes escoller o almorzo 2 con zume, café grande ou infusión e ricas tostas con aceite e tomate.

Para os menos cafeteiros, o almorzo 3 con zume e algo que levar á boca: tostas, croissant ou delicioso biscoito caseiro.

Trato agradable, ambiente tranquilo e almorzos a partir dos 2,5 euros. Aínda non estás convencido?

Ademais, se estás enganchado ó Foursquare, podes aproveitar as promocións que m* che ofrece, cunha magdalena de balde co teu primeiro check-in alí, ou 2×1 entre as 23:00 e a 01:00h.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: