A volta ó mundo en dez ilustradores

Non entenderás o concepto de “creatividade” ata que pases por iLustraMundos: unha mostra de obrigada visita a través das obras de once ilustradores de renome mundial. Unha pequena achega ás tendencias máis vangardistas do eido artístico-creativo da ilustración.

Pintura, escultura e fotografía fusiónanse no Pazo de Fonseca para dar lugar a unha máis que orixinal exposición multimedia, que non deixará a ningúen indiferente.

Inspiradas dende Galicia (David Pintor e Antonio Seijas), Euskadi (Elena Odriozola ) e Cataluña (Solé Vendrell) até Brasil (Fernando Vilela), Arxentina (Mónica Weiss) e Suráfrica (Piet Grobler), sen esquecer ós creadores europeos de Suíza (Marc Taeger), Polonia (Joanna Domanska) e Holanda (Machiel Braaksma), as obras de iLustraMundos configuran un impoñente mosaico de cor e significados do que disfrutar tanto nenos coma maiores.

Se es un afeccionado a este tipo de mostras ou simplemente sintes curiosidade, non perdas a oportunidade de acudir a esta cita antes do 20 de abril.

Se te atreves, poderás deixar alí o un «agradecemento artístico», permitindo á túa imaxinación voar nun lenzo en branco cos artistas poñen á diposicion de todos os que se sintan inspirados pola súa obra.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: